Música

jueves, 21 de febrero de 2019

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

A poeta galega universal, Rosalía de Castro, estaría de aniversario o día 24 de febrero. Cúmplense 182 años do seu nacemento. 





Escritora indispensable no panorama literario do século XIX, é unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Aínda que foi unha asidua cultivadora da prosa, onde Rosalía sobresaíu foi no campo da poesía, a través da creación das que poden ser consideradas as súas tres obras clave: "Cantares gallegos", "Follas novas" e "En las orillas del Sar".

O alumnado de 1º de Ed. Primaria rinde homenaxe a Rosalía acompañando, con movemento corporal e un paracaídas, un canto tradicional galego que inspirou á escritora para escribir todo o poema completo, que se recolle en "Cantares gallegos".






Evoéh, grupo musical que compuxo esta música, é unha iniciativa artística, creada por Ariana Barrabés (voz) e Jesús Olivares (guitarra), coa intención de dar unha nova visión á música e á poesía do noso redor a través de variados proxectos e formacións. Coa práctica artística quieren chear o espacio de emocións e tender pontes entre a danza e estilos musicais moi variados.

Adica estas verbas ó alumnado de 1º de Ed. Primaria e os convida a participar no seu concerto do sábado día 23 de febreiro ás 20:30 no Centro Cultural da Guarda. ¡Moitas gracias e moito éxito!




Para compoñer esta música, Evoéh baseouse nas las melodías populares de Galicia que recolleron Ramón de Arana e Anselmo Gonález del Valle, fai agora máis de cen anos. O tema principal pertence tradicionalmente á nana "Ora, meu meniño". As melodías do interludio e do estribillo son tamén outros alalás populares.


Videoclip oficial de Evoéh


Letra:

Ora, meu meniño, ora, ¿quen vos ha de dar a teta, si túa nai vai no muíño, e teu pai na leña seca? Ora, meu meniño, ora, ¡canto chorarás por ela! Sin ter con que te acalente, sin ter con que te adormeza. ¡Ai, cando veña túa nai! ¡Ai, cando che a túa nai veña! ¡Cal te topará, meniño, frío como a neve mesma! Eu cha dera, miña xoia, con mil amores cha dera, hastra rebotar, meu santo, hastra que máis non quixeras, hastra verte dormidiño con esa boca tan feita, sorrindo todo fartiño, cal ubre de vaca cheia. Mais ¡ai, que noite che agarda! Mais ¡ai, que noite che espera! Que anque dúas fontes teño, estas fontiñas non deitan. Eu cha dera, miña xoia, con mil amores cha dera, hastra rebotar, meu santo, hastra que máis non quixeras, Ora, meu meniño, ora, ¿quen vos ha de dar a teta, si túa nai vai no muíño, e teu pai na leña seca?

¡FELIZ CUMPLEANOS, ROSALÍA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario